miércoles, 6 de diciembre de 2017

Gaspar Bernárdez


Esta semana estivo no cole Gaspar Bernárdez (o ecoloxista)  falando sobre a flora  de Galicia e en particular da do  CEIP A Laxe xa que no centro temos unha boa representación de plantas e árbores da nosa comunidade. 

viernes, 1 de diciembre de 2017

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS


Dende o CEIP A LAXE felicitamos todos os nenos/as polo esforzo desenvolvido durante o último mes, preparando esta proba de campo a través e polos resultados obtidos a nivel xeral. Temos moitos campións (uns con medalla e outros sen ela)!!


viernes, 17 de noviembre de 2017

LOLI BELOSO: LUIS SEOANE PARA NENOS

Loli Beloso
   O vindeiro xoves, 23 de novembro, todos os alumnos de E. Primaria do CEIP A Laxe, terán a oportunidade de asistir á charla da escritora Loli Beloso, autora do libro Luis Seoane para nenos. Será ás 12.00 horas no salón de actos.
   LUIS SEOANE foi un dos artistas galegos máis destacados do século XX.
   Foi pintor, muralista, diseñador gráfico, ilustrador, gravador, ceramista e escritor. El soubo combinar coma ninguén as vangardas do seu tempo coas máis profundas raigames na terra. A vida e a alma dos galegos e das galegas  son o tema fundamental das súas creacións.
   Por todo isto, nas SECCIÓNS BILINGÜES de Plástica(ART IN ENGLISH) adicámoslle este mes de novembro un proxecto especial .

LOLI BELOSO  colabora co GRUPO GALEGO DE INVESTIGACIÓN XENÓMICA, dirixido polo profesor Ángel Carracedo. Os dereitos económicos dos seus libros van destinados a esta causa tan importante.

O CEIP DA LAXE CONSIDERA MOI IMPORTANTE  A INVESTIGACIÓN E APOIA O LABOR INVESTIGADOR DO GRUPO GALEGO DE INVESTIGACIÓN XENÓMICA.

jueves, 9 de noviembre de 2017

Novidades na Biblioteca Escolar

Acaban de chegar novos libros á nosa biblioteca. Xa están catalogados e á vosa disposición para lelos na sala ou levalos á casa para desfrutar con máis calma da súa lectura.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN E QUE VOS FAGAN  VIVIR NOVAS AVENTURAS E SENTIR  MOITAS EMOCIÓNS!

jueves, 12 de octubre de 2017

Rafael de Castro na Real Academia Galega

  Mestre do CEIP da Laxe nos seus últimos anos de vida profesional , Rafael de Castro foi recibido polo presidente da RAG, Víctor Freixanes, para facer doazón da súa tradución das "Sonatas", de Ramón Mª del Valle Inclán do castelán ao galego. Máis información...

Rafael asinando as súas traducións na sé da RAG

lunes, 29 de mayo de 2017

CONFERENCIA GASPAR BROULLÓN

Gaspar Broullón (acompañado pola súa irmá Tania, ex-alumna desta escola) premio "MESTRE MATEO" visitounos e explicou a seu traballo. 


viernes, 19 de mayo de 2017

Semana Cultural 2017

Rematamos a Semana Cultural gozando da música e danza tradicional galega.  Alumnos e alumnas do cole fixeron unha demostración do ben que cantan e bailan. Todo grazas á colaboración do grupo marinense Trompos aos pes e tamen ás familias que  axudaron a vestir aos nosos artistas. E como broche final todos xuntos despedimos a semana entonando o Himno Galego.


jueves, 18 de mayo de 2017

SEMANA CULTURAL 2017. CERAMISTA TRABALLANDO COA ARXILA

Terceira xornada da semana cultural no CEIP A LAXE. Hoxe todos os nenos/as do cole gozaron dun obradoiro de cerámica no que Germán (traballa no obradoiro de cerámica ALEN DAS OLAS) fixo unha fermosa demostración de como podemos traballar a arxila cun torno.

martes, 16 de mayo de 2017

SEMANA CULTURAL 2017. CONFERENCIA CARLOS CASARES (RAFA DE CASTRO)

Segunda xornada da semana cultural no CEIP A LAXE. Hoxe tamén estivo no cole Rafa de Castro (profe no CEIP A LAXE moitos anos) dándolle aos nenos/as de 5º e 6º de primaria unha conferencia sobre a vida e obra de Carlos Casares (homenaxeado este ano no Día Das Letras Galegas).



SEMANA CULTURAL 2017. CONFERENCIA SOBRE CARLOS CASARES (MABEL)

Segunda xornada da semana cultural no CEIP A LAXE. Hoxe tivemos a sorte de ter a Mabel no cole (profe no CEIP A LAXE moitos anos) dándolle aos nenos/as de 3º e 4º de primaria unha conferencia sobre a vida e obra de Carlos Casares (homenaxeado este ano no Día Das Letras Galegas).




lunes, 15 de mayo de 2017

SEMANA CULTURAL 2017 (CEIP A LAXE) ."PIOLLO TEATRO "


Hoxe inaguramos no CEIP A LAXE a semana cultural, conmemorando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e o autor homenaxeado este ano (CARLOS CASARES). A semana comezou co abradoiro de " PIOLLO TEATRO" (actividade promovida polo concello de Marín).


viernes, 28 de abril de 2017

VISITA AO CONCELLO DE MARÍN


Hoxe os nenos/as de 3º e 4º de primaria foron coas súas titoras a visitar o Concello, onde os recibiron a Alcaldesa máis a Concelleira de Medio Ambiente.Alí expuseron as súas inquedenzas e peticións: arramxo dos patios, cambio de solo, auga máis quentiña nas duchas,cuberta do patio de Infantil...Atendéronnos moi ben.


jueves, 27 de abril de 2017

MAIO 2017 CEIP A LAXE


Rematamos o obradoiro do maio cantando como manda a tradición. As voces dos noso alumnado
contribuirán a q non se perdan as tradicións populares da nosa cultura. 
Tras o  intenso traballo de elaboración  do Maio de onte,  hoxe no CEIP A LAXE finalizamos a celebración do Maio cantándolle unhas fermosas coplas…






miércoles, 26 de abril de 2017

ELABORACIÓN DO MAIO (CEIP A LAXE)

Outro día de gran traballo no CEIP A LAXE!!! .

Grazas a colaboración de toda a Comunidade Educativa os nenos/as xunto cos profesores/as
 elaboraron  o Maio do noso cole.  Foi un duro traballo en equipo pero xa  estamos preparados para mañá  darlle os últimos retoques e celebrar o día cantándolle as nosas coplas. 
Mañá máis!!!

lunes, 24 de abril de 2017

O Padriño Lector. Máis fotos

O pasado venres, 21 de abril, celebramos un ano máis o Día do Libro coa actividade do Padriño Lector.
Na hora de ler os maiores léronlles aos máis novos algún libro, poema, conto, historia, etc que tiña un especial significado para eles/elas, convertíndose nos seus/súas padriños/madriñas lectores. Despois, todos recibiron un agasallo a xeito de libro.
         Organizado por o Equipo da Biblioteca Escolar.

jueves, 26 de enero de 2017

"FREAKY": TEATRO EN INGLÉS QUE TRATA O ACOSO ESCOLAR OU "BULLYNG"


O PASADO MÉRCORES, 25 DE XANEIRO, OS ALUMNOS DE 4º, 5º E 6º ASISTIRON NO AUDITORIO AFUNDACIÓN DE PONTEVEDRA A UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL EN INGLÉS QUE LEVA POR TÍTULO "FREAKY".
 Á SAÍDA, ALGÚNS ALUMNOS FORON ENTREVISTADOS POLA TVG PARA O PROGRAMA "GALICIA NOTICIAS" QUE SE EMITIU O MESMO DÍA.
SE NON PUIDESTES VER A REPORTAXE, NA SEGUINTE LIGAZÓN ATOPARÁS O VÍDEO DO MESMO(AQUÍ) Está cara ao final do vídeo.
  

jueves, 29 de septiembre de 2016

COMEDOR ESCOLAR... COMEZAMOS!

Xa temos o permiso oficial para comezar co comedor escolar e nova directiva da ANPA do centro. Hoxe ás 16.30 haberá unha reunión no noso centro para informar sobre este servizo. Animamos aos interesados/as a acudir a dita reunión e a anotarse. O comedor precisa dun mínimo de comensais para poder iniciar o servizo.

lunes, 6 de junio de 2016

Proxecto de circuíto eléctrico do alumnado de sexto curso (ciencias naturais)

O alumnado de sexto curso, coa axuda da súa familia, pon en práctica, con este proxecto, os coñecementos sobre electricidade da clase de ciencias naturais. Ao longo desta semana presentarán os seus traballos a todos os nenos e nenas do centro.